Cool Blue Outer Glow Pointer MUNDO INFORMÁTICO: TAREA CQC

viernes, 5 de diciembre de 2014

TAREA CQC

Hola a todos, este es un relato del concurso Ciencia que conta del año pasado, con los hiperenlaces modificados.
Estos son los pasos que seguí:

- Primero, elegí el mejor relato a mi parecer.
- Convertí el formato con el programa PDF Word Converter.
- Acto seguido lo subí a Google Drive.
- Por último inserté el texto en el blog, con los hiperenlaces correspondientes.


O garfo dos Pérez

Texto orixinal por Antón Alexandre Pérez Vázquez do IES Campo San Alberto (Noia)

Ola son un garfo! E agora estou vivindo na casa dos Pérez. Pero ? queredes saber COMO cheguei ata aquí? Pois aquí tedes a historia da miña vida.
Primeiro presentareivos os meus pais. Son o ferro e o carbono. Son minerais que vivían na Terra, pero que non se coñecerían se non fose porque os seres humanos decidiron que estaría ben que se xuntasen. Menos mal que foi así, porque, se non, eu non estaría agora aquí. Pois si, acertastes, eu nacín desa unión. Ben, en realidade chámase unha aliaxe. E o resultado dela é o aceiro.

Pero antes de chegar a ser como me vedes agora aínda ten que pasar un tempo. Logo da aliaxe, os humanos levan os meus pais a unhas fábricas, PARA que estean quentiños. Vaia, quen di quentiños di a uns 727ºC, o suficiente para que os meus pais minerais se fundan e acaben formando unhas estruturas cristalinas o bastante duras como para que eu, e mailos meus curmáns, o coitelo e a culler, poidamos facer ben o noso traballo.

Xa que vos presentei os meus pais e os meus curmáns, tamén vos teño que dicir que na miña familia hai moitos máis membros, ata uns 20. Están o vanadio e o titanio, que me axudan a que eu sexa duro. Os meus tíos, o cromo e máis o níquel, evitan que eu me oxide: por iso tamén me podedes chamar O Inoxidable. Non é por chulearme, pero os que temos un 12% de cromo na familia somos virtualmente inoxidables. Si, si, podédelo crer, porque así conseguimos unha capa de cromo que cobre o aceiro e protéxenos da oxidación.

Xa sabedes como veño ao mundo. Queredes coñecer agora cando apareceron os meus primeiros antepasados? Pois foi hai uns miles de anos. Ai! Como pasa o tempo! A min houbo quen me dixo que os meus primeiros antepasados viviron no tempo dos gregos, alá polo século IV a. C. Tamén hai quen di que non foi ata o século IX cando comecei a estar presente nas mesas para axudarlles aos humanos a comer; disque unha tal princesa bizantina, chamada Teodora, me puxo de moda.

E así ata agora. Eu e máis os meus irmáns, o do peixe e o das sobremesas, estamos repartidos por case todo o mundo. Fáltanos por coñecer China e India, porque alí non nos necesitan para comer.

Eu estou contento cos Pérez. Trátanme ben, non me dobran nin me tiran ao lixo, e úsanme para o que eu estou preparado. Como debe ser!Ah, teño que deixarvos! Veñen buscarme para levarme á mesa, seica está a comida lista e sen min non poden empezar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario